miércoles, 28 de julio de 2010

PUBLICIDADE

Ben, hoxe inclúo no blog publicidade. Toda páxina web, programa de TV ou radio, xornal... que se preze ten que botar man da publicidade para subsistir. Pois como "Ondas atlánticas" é un gran blog (alguén o dubida?) vai ter un pequeno "banner" de publicidade ao final da páxina. A explicación vén de seguido.

Saberedes que cando eu andaba estudando buscaba traballiños para o verán e cousas rápidas que me desen algúns cartiños para sair cos amigos de parranda. Fixen enquisas polas rúas de media Galicia e dende aquela sempre tiven certo agarimo por aqueles que petaban nas portas da casa. Hoxe en día a rúa pasou á Internet e hai moitas empresas que fan enquisas on-line e PÁGANCHE por elas. Eu apunteime a varios paneis de opinión e de vez en cado recibo unha tarxeta regalo de 20 Euros, un cheque regalo de 10, 15, 25 Euros, outras veces escollo regalos concretos on-line... O caso e que xa levo unha boa cantidade apañada.

Tamén hai páxinas que che pagan por "clickar" na publicidade que mandan. E páganche máis aínda se ti consegues que os teus amigos ou coñecidos se apunten a esas redes: se clickan eles, ti tamén gañas. Hai varias páxinas deste tipo e unha delas é das que puxen o "banner" aló embaixo. Chámase "Sumaclicks" e se vos apuntades tedes que indicar que o facedes por iniciativa miña engadindo este enlace:


Só tedes que pinchar na publicidade que vos envíen ao correo electrónicoe xa gañades cartos, que cobrades cando teñades certa cantidade. Non é unha trampa, pero se vos interesa máis información preguntádeme. Por certo, outra páxina tamén de afiliación para ler publicidade chámase "Es Fácil" e funciona igual. Avisádeme se vos interesa, din que nun mes poderías chegar a gañar máis de 200 euros só con ler (pinchar) un par de correos ao día.

Non me critiquedes por isto, pero nestes días de verán tan acalorado pouco teño que contar dos Países Baixos, xa vos fartaredes (espero que non) a partires de setembro coas miñas andanzas na terra "oranje".

Apertas e non afoguedes


No hay comentarios:

Publicar un comentario