Mostrando entradas con la etiqueta Temperatura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Temperatura. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de noviembre de 2010

VAIA CO TEMPORAL EN GALICIA

Isto é como o sorteo da Lotaría de Nadal. Cada ano as ONDAS ATLÁNTICAS rompen co Paseo Marítimo da Coruña. E agora que estou aquí pregúntome: como fixeron neste país que está baixo o nivel do mar? Haberá que dicirlles aos nosos políticos que se dean unha volta por aquí. Contáronme, porque aínda non o vin, que as obras hidráulicas do delta do Rin e as dos diques do Norte hai que ir velas. Xa vos contei que o aeroporto de Schiphol está baixo o nivel do mar e que en Amsterdam hai metro por debaixo dos canais, aínda están facendo unha liña nova que descorre toda polo centro da cidade e paréceme que a empresa que as realiza fai visitas guiadas para os cidadáns, para que coñezan como se loita contra a auga.

O caso é que aquí non se notou temporal. Baixaron as temperaturas, pero aínda teñen que baixar máis. E un dato curioso: eu noto máis frío ás 12 do mediodía que ás 9 da noite, non sei por qué. Agardo que siga sendo así porque o que me di todo o mundo é que me prepare, que o frío non chegou. Un pai duns nenos xa me invitou ir patinar sobre o xeo cando se poida... ¿imaxinádesme patinando e dando viravoltas como os que saen na tele? Vai ser que non.

En fin, impresiona o das ondas en Riazor, en Xixón, en Donostia, o que me estrana é que non suspenderan as clases. Tocarávos un día de sol cun pequeno temporal e logo todos a protestar. Eu recordo hai 8 anos que nestas datas tivemos a desgracia do "Prestige", así que crucemos os dedos e que todo sexa cambiar as barandas do Paseo Marítimo un ano máis. Comezou o inverno.

Bicos a todos


(Foto sacada de www.adn.es)