Ik sta om negen uur 's ochtends op. Dan neem ik een douche en daarna maak ik mijn ontbijt: een koffie verkeerd met twee stukjes brood met oljfolie en een banaan. Vervolgens werk ik op de computer en 's morgens, op donderdag ga ik naar de Nederlandse cursus bij de Volksuniversiteit. Omgeveer een uur 's middags kook ik mijn maaltijd en om half drie ga ik naar het NS-station om de trein te nemen richting verschillende steden. Ik werk asl Spaans docent voor kinderen van vier tot en met acht uur 's avonds. Vervolgens kom ik terug naar huis en om omgeveer kwart over negen kom ik thuis. Ten soltte maak ik mijn avondeten, chat met mijn familie en om twaalf uur ga ik naar bed.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Este é a entrada número 200 da miña bitácora. Estará escrita en galego, aínda que como vedes fixen unha pequena introdución en neerlandés que me pediron no meu curso desta lingua. Estes últimos días estou pensando moito na miña bagaxe lingüística e vendo o ensino das linguas dende perspectivas distintas, sobre todo dende que estou aquí.
Galicia ten lingua de seu. Considérome bilingüe neste sentido, aínda que a miña lingua de comunicación é o castelán. Falo, escribo, leo e entendo perfectamente o galego por moitos motivos. Fun criado en castelán e educado tamén nesa lingua na escola, mais unha das poucas cousas que lles teño que agradecer aos curas escolapios foi dar galego no colexio dende antes de morrer Franco. Recordo que xa en 1º de EXB aprendiamos galego e cando se normalizou e normativizou coa chegada do estatuto de autonomía, eu xa tiña unha competencia lingüística máis que aceptable. O galego falábase na casa cos maiores, recordo tamén asistir a misa en galego na Coruña na parroquia do desaparecido Pai Espiña e o labor dos meus pais facendo que leramos en galego os primeiros comics de Asterix traducidos (aqueles exemplares feitos por Blanco Amor a finais dos 70) prendeu en min o amor pola nosa lingua. Mais houbo un mestre dos Escolapios (non cura) que me convenceu totalmente da validez de calquera lingua. As súas clases de galego eran non só da Lingua, senón tamén da cultura de Galicia e da literatura: castros, mosteiros, paisaxes, festas, romarías, Neira Vilas, Otero Pedrayo, Cunqueiro... pasaban por aquelas clases. Neses anos descubrín moito da miña terra e do valor da miña cultura.
Nos anos de instituto chegou o ensino da lingua cunha reivindicación política. Aprendín a utilizar a grafía lusista, eran os momentos nos que o galego aínda non tiña moita presenza pública e eu, nembargantes, xa tiña unha boa bagaxe acumulada. Namentres, o inglés seguía a ser un idioma que aprendiamos mal e dun xeito exclusivamente gramatical e escrito. Para eses anos eu xa era totalmente bilingüe en galego e castelán, aprobando sen problemas as dúas linguas e, no caso do galego, co sistema que ao profesor de turno lle petaba, igualmente na universidade.
Seguiron cursos de inglés, de especialización como mestre de galego, e dende logo teño claro que a presenza no ensino da nosa lingua é necesaria para que se use e non se perda. Mais coido que, despois de case trinta anos, hai que ir revisando o modelo. Nos Países Baixos hai unha provincia con idioma propio, o frisio en Frisland. Se eu vivise en Leeuwarden (capital de Frisia) probablemente non iría a clases de frisio, senón igualmente de neerlandés. Entón, por analoxía, cando chega un inmigrante a Galiza, nenos incluidos, ¿que lingua deberiamos ensinar? ¿Galego, castelán, inglés...? Agora os gobernos autonómicos andan co "bi / trilingüismo" e me da que seguiremos no erro. As linguas suman, pero non co noso modelo. Sei que en Frisland os nenos aprenden frisio, pero a lingua comodín é a do país, o neerlandés. Non se pode comparar a situación coa de Galicia, pero o caso é que un 70% da nosa poboación fala en galego porque é rural, pero se está perdendo a lingua porque nas cidades o seu uso é escaso e aínda hai grupos sociais que o consideran "de paletos" (a famosa diglosia). ¿Que estamos a facer mal?
Ás miñas clases de español os nenos non queren vir. Hoxe un rapaciño de 11 anos que non entende moitas cousas acaboume confesando que el só quere holandés. É a súa lingua, na que se sinte cómodo ao falar, na que se comunica, na que xoga e na que lle falan na casa; porén, na mesma clase e á mesma hora teño un alumno recén chegado de Galicia que a súa lingua cómoda é o galego e o castelán cústalle moito. Eu déixolle falar comigo en galego cando non estamos no grupo xeral porque houbo pais que non ven correcto que os seus fillos non se poidan expresar en holandés comigo e este neno en galego si. O caso é que aquí conviven moitas linguas dentro da comunidade española e a lingua comodín entre nós, lóxicamente, é o castelán. No meu curso de neerlandés somos tres españois que cando temos algo que contarnos entre nós, lóxicamente, facémolo em castelán, cousa que non senta demasiado ben á profesora, sobre todo hoxe que só eramos 5 na aula.
Ás miñas clases de español os nenos non queren vir. Hoxe un rapaciño de 11 anos que non entende moitas cousas acaboume confesando que el só quere holandés. É a súa lingua, na que se sinte cómodo ao falar, na que se comunica, na que xoga e na que lle falan na casa; porén, na mesma clase e á mesma hora teño un alumno recén chegado de Galicia que a súa lingua cómoda é o galego e o castelán cústalle moito. Eu déixolle falar comigo en galego cando non estamos no grupo xeral porque houbo pais que non ven correcto que os seus fillos non se poidan expresar en holandés comigo e este neno en galego si. O caso é que aquí conviven moitas linguas dentro da comunidade española e a lingua comodín entre nós, lóxicamente, é o castelán. No meu curso de neerlandés somos tres españois que cando temos algo que contarnos entre nós, lóxicamente, facémolo em castelán, cousa que non senta demasiado ben á profesora, sobre todo hoxe que só eramos 5 na aula.
No ensino en Galicia temos 50 % de horas en ámbalas dúas linguas e así debe seguir, pero o que teño claro é que NUNCA debemos meter unha lingua "a calzador". Neste curso temos que empezar a facer exames con tribunal a nenos de 11-12 anos para certificar un nivel B1 ou B2 de español, cousa que a algunhas familias lles pareceu fatal e xa temos algunahs baixas. A min paréceme bo este avance, por moitos motivos, mais o problema está, neste caso e no de calquera lingua, cando se sinte que é unha imposición. Ese sentimento de rexeitamento que moita xente ten en Galicia co galego estouno vendo aquí nos nosos alumnos co español. Non é doado atopar unha solución que contente a todos, mais cómpre atopala.
A mensaxe está clara: AS LINGUAS SUMAN e que mo dixeran a min hai ano e medio que podería dicir catro cousas básicas en neerlandés. Seguirei con este idioma, co galego, co español, co inglés e co que veña, iso si, sin imposicións nin obrigas, paseniño. Se cadra esa é a fórmula, slowly.
Para rematar, recordo de novo que xa chegamos ás 200 entradas. Grazas aos que me ledes, aos que opinades (Paz, Paquito...); temos que chegar ás 300 ou máis, a ver se daquela xa a competencia lingüística dá para asuntos máis elaborados. Por certo, o tema da redación en neerlandés é "un día na miña vida en Holanda". Xa veredes como é facil. Animádevos... sin Google Translator!!! Bicos a tod@s, o sábado verémos o Faro (con maiúscula) de novo, se Iberia me deixa.
Es maravilloso poder entenderte en dos lenguas que no son las mías y que, de igual forma, son capaces de explicarme dos culturas, dos historias y dos mundos para una misma persona.
ResponderEliminarLa lengua es riqueza :-))
Un abrazo,
Paquito.
Seguiremos lendo as túas andainas, en galego, en castelán e se é preciso en holandés. Coidate e pensa que como me dixeche o sábado quedan catro meses.
ResponderEliminarBicos e que se unan máis a comentar que as linguas suman e a comunicación fai que sexamos máis persoas, e incluso mellores.
Paz.
Meu: o asunto que tratas neste post é abondo complexo e daríame para varios comentarios quilométricos, así que me limitarei ao máis razoable: darche a en hora boa por eses 200 post e desexarche que, tras deles, veñan outros moitos centos.
ResponderEliminarApertas multilingües.