miércoles, 4 de agosto de 2010

XACOBEO 2010 NOS PAÍSES BAIXOS

Onte descubrín unha historia interesante e que xa me está dando ideas para traballar nas aulas da ALCE. Neste Ano Xacobeo os pelegríns chegna dende todos os lugares do Mundo, por suposto tamén dende os Países Baixos.


Dende aquel 1993 no que fixen o Camiño (con maiúsculas) sempre estiven dunha maneira ou outra vencellado a el. Recordo á hospitalera do albergue de Burgos, unha holandesa chamada Marieta, que me calmou as miñas gañas de conseguir unha praza no albergue do Parral; logo encontreina nas reunións de hospitaleiros e falamos abondo. Coa miña amiga Mary Paz de Madrid compartín moitas vivencias en torno ao roteiro milenario. Por ela souben que hai un ramal do Camiño sinalizado dende Holanda, pero non me soubo dicir dende onde.


Pois ben, onte descubrín o lugar de partida: HAARLEM, moi preto de Heemskerk e Beverwijk. Resulta que o noso música máis de moda, Xoel López (o de Deluxe), propúxose facer o Camiño dende Holanda quedando todo gravado nunhas reportaxes de National Geographic que só se poden ver por Internet. Nesa localidade hai un albergue rexentado por unha muller no que dun xeito "oficial" se acollen aos pelegríns que veñen ata Santiago.


Póñovos o link para ver os videos de Xoel e a ver se podo facer cos alumnos maiores algunha actividade referida ao Camiño e ao Ano Santo. E hoxe, ademais, estiven en Santiago coa familia e fun cos nenos á catedral, a verdade é que co Pórtico entre andamiaxes e a seguridade por todos os lados era un pouco rollo desfrutala, así que deixarémolo para o ano que vén... ou para o 2021, o próximo Ano Santo.

http://www.terra.tv/videos/Butaca/National-Geographic/Aventura/7237-110458/En-el-Camino-de-Santiago-suenos-del-Camino-1_6.htm

¡¡ULTREIA!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario