Con polémica incluída, pero apoiada maioritariamente polo voto telefónico, será A PRIMEIRA VEZ QUE UN INTÉRPRETE GALEGO REPRESENTA A ESPAÑA EN EUROVISIÓN, xusto cando se cumpren 50 anos da primeira participación do noso país.
Non vos podedes imaxinar o que se sinte cando ocorre isto e estás fóra da casa. O sentimento de que alguén teu, que a túa terra está en Europa é algo único. E iso que non era a súa canción favorita. É verdade que a balada "Abrázame" era máis do seu gusto, pero "Que me quiten lo bailao" fai levantarse das cadeiras a todo o mundo.
De tódolos xeitos, o importante é que Lucía terá un lanzamento considerable a nivel nacional. Sabe estar no escenario e ten unhas características vocais moi peculiares. Pero en Eurovisión pode pasar calquera cousa, que quede ben, regular ou mal, depende dos xurados e dos votos do público.
Sei que Galicia se vai volcar con ela, que alí estaremos apoiándoa o 14 de maio, que quedan tres meses para retocar a canción e que o fará estupendamente, con profesionalidade.
E xa máis nada. En poucas horas érgome para marchar á casiña, así que a próxima NA CORUÑA
APERTAS E ¡¡¡NORABOA LUCÍA!!!
(foto de http://www.20minutos.es/)
Noraboa a ti Alfonso, xa é mérito que sigas sendo tan eurofan indo en contra de tódalas opinións, a miña incluida, pero como non a túa personalidade impera,aínda que non chegue a arrastrar como é o meu caso.
ResponderEliminarEn fin xa te chamo e a ver como quedamos para vernos.
NORABOA DE NOVO.
Hola
ResponderEliminarMe llamo Nayade, soy administradora de un directorio y tengo que decir que me ha gustado su página Ondas Atlánticas. Por ello, me encantaría contar con tu sitio en mi directorio, consiguiendo que mis visitantes entren también en su blog.
Si estás de acuerdo. Házmelo saber, nayade.narvaez@hotmail.com.
Suerte con tu blog y que tengas una excelente semana!
Lexes, Alfonso que internacional te estás volvendo, avísame que teño que deixar de escribir tanta parrafada. Meu deus a saber quen está a ler todo isto, será un Expediente X.
ResponderEliminar