Quedan menos de 24 horas para que teñamos unha representante galega en Eurovsión 2011. A xa coñecida cantante Lucía Pérez só necesita os votos de milleiros de españois e galegos na FINAL da preselección española para o Festival de Eurovisión. A verdade é que os medios galegos estanse a volcar na promoción, "El Progreso", "La Voz de Galicia"... pero o máis importante é que mañá venres 18 de febreiro votedes por ela (¡¡¡eu non podo dende Holanda!!!).
Dende que souben que Lucía foi unha das seleccionadas no cásting que fixo TVE para escoller a representación de España tivo o meu apoio completo. Xa sabía da súa calidade vocal, da súa experiencia profesional despois de sete anos de carreira e de que xa conseguira algún que outro premio importante. E aínda por riba, da familia.
A competencia é dura. Un quinteto de cinco rapaciños chamados "Auryn" que non cantan mal e poden conseguir votos das adolescentes, pero que lles falta profesionalidade; e unha rapaza chamada Melissa, favorita en moitas webs pero que non ten o mesmo rexistro que Lucía e ao meu xeito non transmite tanto. Pode pasar calquera cousa.
O proceso é o seguinte: cada intérprete ten que cantar tres cancións inéditas que foron enviadas a TVE por compositores moi diversos e que lles foron adxudicadas segundo as súas características vocais. Os títulos de Lucía son "Que me quiten lo bailao", "C'est la vie! It's allright!" e a que coido é a mellor para ela e a mellor das nove, "Abrázame". O "xurado" eliminará unha nunha primeira interpretación, logo outra de cada artista e por fin abriránse as liñas para que o público vote ao artista e á canción conxuntamente que mellor nos poida representar en Düsseldorf. Isto é moi subxectivo, asi que agardo que o xurado non meta a zoca e deixen a Lucía con "Abrázame" para a votación final.
Ben, e chegados a este punto a moitos vos sorprenderá este seguimento do Festival de Eurovisión pola miña parte, pero os que me coñecedes ben xa sabedes que é un dos meus hobbies. Sempre recordo alá por 1976, 77 e en diante as noites dun sábado ao ano agardando os votos de Europa para "Bailemos un vals", "Enséñame a cantar", "Lady lady" e temas que xa son parte das nosas vidas. Hoxe en día Eurovisión é o espectáculo musical máis seguido do mundo, cun público fiel e con moito pulo na maioría dos países de Europa. En España resucitou con Rosa e para min pode acudir a velo en directo é un desexo cumprido despois de moitos anos. E xa vedes, non gañan sempre "os do Leste" xa que este ano é en Alemaña, a sorte que teño é que me toca ben cerquiña que se me chega a tocar en Minsk ou Bucarest coido que non podería ir.
Se Lucía é a elixida será a primeira galega en representar a España despois de 50 anos participando (cúmprense neste 2011). Xa ne 2003 houbo unha galega no grupo que representou a Bélxica, Urban Trad con Verónica Codesal como solista, unha famosa pandereteira compoñente do grupo "Ialma". Naquela ocasión quedarón en 2º posto a tan só 2 puntos do país gañador que foi Turquía cunha gran canción, todo hai que decilo.
Pola miña parte queda aquí a miña aportación a este proxecto. No facebook, na súa páxina web, na prensa... a mobilización é total. Se non o conseguimos polo menos quedará o lanzamento de Lucía fóra das fronteiras galegas, o que de seguro a beneficiará na súa carreira.
Xa que logo, Lucía, ¡¡¡MOITA SORTE!!! Mañá estarei pegado ao televisor comendo as unllas pero disfrutando da gala e agardando que se cumpla o soño.
http://www.rtve.es/mediateca/videos/20110216/lucia-perez-abrazame/1020584.shtml
Gañache, Alfonso, con este non podo, mira que é difícil que eu non teña nada que dicir pero hoxe: SEN COMENTARIOS, que gañe a túa.
ResponderEliminarBoa viaxe
Por primeira vez mandei 2 SMS! Noraboa! A ver que pasa agora...
ResponderEliminarBicos
Mercedes