domingo, 8 de mayo de 2011

IMOS TOMAR UN CAFÉ

Pois aquí estou de novo, na recta final do curso. Menos dunha semana, Eurovisión; logo virán probas aos alumnos, algunha que outra ponte (aquí celebran a Ascensión e Pentecostés) e a finais de xuño rematamos. Cheguei onte ao mediodía e hoxe xa me apetece que alguén me diga "quedamos para un café?". As fins de semana sen nada que facer son un tanto pesadas, aínda que vai sol e saes a pasear, pero a vida social dos holandeses é escasa e raras veces se ofrecen a alternar cun café ou unha cervexa. A miña situación aquí tampouco favorece ese intercambio, xa que ao vivir só e cuns horarios un tanto estranos para o holandés medio, entendo que non se ofrezan a compartir e falar.

E non digo que me traten mal nin moito menos, son xente amable e eu non podo ter queixa de como fun recibido, tanto pola xente que atopo na vida diaria como polas familias dos meus alumnos. Pero como me comentaba Loreto hai unhas semanas, necesitan para todo unha axenda: Se atopas a alguén pola rúa e lle dis "imos tomar un café" diche que non e saca a súa axenda para ver cando se pode quedar. É esa espontaneidade que temos os españois o que máis boto en falla, o dicir "acércate á miña casa que tomamos algo, quédate a cear que deseguido fago unha tortilla..."



Necesito xa ese café, ter máis contacto social porque ás veces penso que me estou convertindo nun hermitaño (en galego é con "h", nonsi?). Beverwijk non é a vila ideal para facelo dende logo porque ves moi pouca xente polas rúas un sábado ou domingo e por riba vivo nun vecindario de xente moi maior. A ver se o que resta de curso dá para máis cafés ou cervexiñas. Polo de pronto vou sair un pouquiño esta tarde para aproveitar o sol e pasear, mañá comezamos de novo as clases e haberá que organizar un pouco o traballo de cara a finais de curso.



E en Galicia non vos queixedes que en 5 días tedes unha ponte e se acompaña a temperatura será ideal para unha escapadiña. Eu recibirei invitados (xa saben eles quen son) e haberá que aplicar de novo a "unidade didáctica de visitas"



Apertas




1 comentario:

  1. Bueno neno, eu acabo de chegar á miña residenciad semanal, tamén todo sigue igual, á casa segue sen limpar creo que xa me queixei de como está o servizo noutro post, en fin que agora remato de contestarche e que non veña ninguén a dar a lata que teño que poñer a lavadora, planchar e preparar o xantar de mañá. Entendo a túa necesidade de saír a tomar un café , unha cervexiña ou calquera outra cousa, a vida social é moi importante pero non te agobies ho, que xa queda pouco. Por certo moi bonito o panda da foto.Entendo que nos botes de menos, a verdade que somos de querer jajaja. Por certo non todos temos ponte en 5 días aljunhas prinjadas traballamos o luns así que cando o 17 esteamos comwendo todos na Nada faremos un brinde por ti e mandarémosche unha mensaxe para que non te sintas só.
    Bueno rapas vou facer aljo que isto non ten xeito, non te agobies, disfruta do bó tempo, traballa o xusto e prepárate para o festival.
    Bicos jrandes, abondosos e cariñosos da túa fiel seguidora, que xa teño o meu mérito (e non teño avoa,claro).

    ResponderEliminar