Xa pasou o terremoto electoral. Noraboa ao PP. Pero, ¿agora que? Na Coruña acabouse o goberno socialista e non agardo nada bó co novo goberno. Polo de pronto, dado o centralismo autonómico do Sr. Negreira, espero que Alvedro siga coa ampliación de pista e QUE NON LEVE OS VOOS DE AMSTERDAM A SANTIAGO, porque eu xa me espero calquera cousa. O caso é que en España cando un partido gaña as eleccións poucas veces o fai por méritos propios, senón polos erros do seu rival, neste caso ocorre o mesmo.
Toda España se está a volver "azul". Os socialistas parecen os "irreductibles galos". A cuestión é que, a 10 meses das eleccións xerais, nin uns nin outros dan alternativas reais para sair da crise. Os problemas son máis de fondo que as estatísticas do paro ou a venda de vivendas. Neste caso si temos que aprender de Europa. Eu entendo que non se pode traballar cun "contrato-basura" por 500 euros, pero entón, ¿quen controla a estes empresarios explotadores? As hipotecas polas nubes, os alugueres tamén, os ricos queren ser máis ricos e aos da clase media só nos queda a solución da acampada. É necesario que o 15-M continúe e que se chegue a propostas de reformas reais, pero non basta con arranxar a fachada, hai que actuar nos cimentos, no invisible (economía sumerxida, corrupción, etc.)
A esperanza é o último que se perde. Non vexo ao PP arranxando o país, nen as comunidades autónomas nen os concellos, pero é o que toca. O único que agardo é que non gobernen con despotismo, que gobernen para todos e que dean exemplo de que son un partido realmente democráctico, escoitando opinións e valorando aportacións. A súa historia demostra o contrario. En canto ao PSOE, un replaneamento e renovación é necesario, dende as bases. Son ciclos que ocorren e que hai que asumilos como parte da engranaxe electoral. E a lei electoral hai que cambiala XA. Hai casos nos que un deputado autonómico decídese por só 200 votos (véxase Asturias, por exemplo) dun total de case 180.000 para as dúas forzas con máis votos. É moi pouco proporcional porque dá maiorías absolutas con menos do 50 % dos votos ao partido máis votado. Non é xusto.
A boa nova é que EU sube en votos, é a 3ª forza política. Isto fai que o bipartidismo empece a quebrarse, cousa que me parece moi ben. Aínda que en Galicia temos o BNG que actuou en moitos casos de bisagra, vexo que en moitos concellos coñecidos aparecen moitas siglas independentes e partidos minoritarios (Padrón, Ordes...)
En fin, por Europa todo ben agás que xa temos outro volcán islandés facendo das súas. A verdade é que ultimamente Islandia está na boca de todos, así que agardamos que siga para ben e que as cinzas dese novo volcán non sexan un mal presaxio dos cambios que poidan pasar.
Apertiñas
É a cuarta vez que intento contestarche a este post. Pois agora xa non me sae nada interesante, hala a jorobarse, que si que tes razón e que saúdos a todos.
ResponderEliminar