miércoles, 28 de diciembre de 2011

Un franco, 14 pesetas

Cando se está na casa desfrutando da familia, da tempo tamén de ver algunha película ou programa dalgunha cadea que non sexa TVE Internacional. Aínda que hoxe todo está en Internet, a min gústame ver a televisión cando emiten os programas, sen rebuscalos pola rede.

Hoxe botaban na TVG unha grande película: "Un franco, 14 pesetas". Non é que me sentise realmente identificado con ela porque eran outras circunstancias e outro tempo, pero a sensación da emigración e do que supuxo a moitos dos nosos marchar de España (e Galicia) queda moi ben reflectida neste film. En Holanda oio con frecuencia palabras como "desarraigo, nostalxia, benestar...". Todo iso aparece na película. A verdade é que hoxe o emigrante español ten outro perfil, mais o problema non está aí, senón na volta. Ás veces sorpréndome a min mesmo cando estou en España que esixo máis do que aquí se ofrece, pero tamén ao revés. Como anécdota contareivos que, aos pocos minutos de aterrar en Madrid o venres pasado, xa estaba poñendo unha reclamación a AENA por una situación desagradable que vivín no aeroporto de Baraxas e da que penso que nestas cousas é nas que temos que aprender doutros países. Na película, cando o rapaz que volve de Suíza a España e non sabe o que é unha "chuleta" (referida ao ambiente escolar), que lle pegan os curas nunha escola de pago cando alá é gratis ou cando os nenos andan a pedradas cun can, esa sensación de "charanga e pandereta" ou de "Spain is different" recorre o corpo.

Pero tamén alabo cando estou aquí os nosos sistemas educativos e sanitario, rematando sempre as conversas con "non sabemos o que temos ata que saímos fóra". Pódese dicir que vivo nun sistema dual e que teño criterios obxectivos para opinar. A conclusión é a de sempre: nin todo é bó en España nin todo é malo en Europa, e viceversa.

A película recolle tamén momentos difíciles na vida dun emigrante: a barreira dos idiomas, a lonxanía cando morre alguén da familia no país de orixe, a solidariedade entre os propios compatriotas (pero tamén os "chascos" que podes ter do teu mellor amigo), a incomprensión e a envexa dos que quedan e ti volves... Son sensacións que pouco a pouco eu tamén vou vivindo, aínda que agardo que unha morte dun ser querido non me colla por sorpresa alá, a fin de contas a miña estancia alí sei que ten un punto e final nun momento preciso e certamente cercano. Curiosamente na película dinse moitas expresións en alemán e para a miña ledicia comprobei que chegaba a entender, grazas ao neerlandés, algunhas desas expresións moi sinxelas por teren a mesma raíz lingüística e aparecer os subtítulos en galego.

En fin, que seguiremos desfrutando do merecido descanso e tentaremos contar algunha cousa máis antes que remate o ano, vendo bós (e malos) programas e, en definitiva, aprendendo sempre algo, que diso se trata. Apertas a todos



1 comentario:

  1. Pues "ISPANSI" te hiela la sangre (la historia de los niños de la Guerra que, huyendo de la misma, fueron enviados a Rusia, donde se encontraron de rebote con la Segunda Gran Guerra y todo su periplo).

    Resistir es vivir: fuera aprendes cosas y también, como bien dices, aprendes a valorar otras que tienes...

    Pasan los años y, aunque nos parezca tonto, la película que mejor identifica lo que uno a veces siente es "Vente a Alemania Pepe", en la escena donde, viendo en la tele a unos maños bailar unas jotas, el buen Pepe manda a Munich a hacer puñetas y se vuelve a su tierra :-))

    No somos de aquí y, según pasa el tiempo, empiezas a dejar de ser de allí: la sensación de destierro, de nostalgia, de lejanía...

    La distancia suaviza las aristas que te empujaron a irte :-))

    Buen post (creo que lo he entendido: no hablo gallego, pero la raíz latina está ahí :-)).

    Paquito.

    ResponderEliminar