Di a miña amiga Paz que teño o blog abandonado. A verdade é que si, pero é porque neste mes temos que entregar os boletíns de notas e son nada menos que 111 escritos a man e avaliando 7 aspectos e 2 de actitudes. Só levo feitos 20 e a semana do 17 hai que entregalos. Xa vedes.
Hoxe levo todo o día na casa. Non fai demasiado frío, pero é que chove. Aburrido estoyu un rato porque a TVE Internacional non fai máis que repetir programas. Xa vin "Españoles en el mundo: Laponia" creo que tres veces e por riba unha película de Paco Martínez Soria... xa vedes que "cañí".
E tamén hai momentos de baixón, hoxe especialmente cando vin aos nenos emocioneime un pouco (xa sabedes que son de bágoa fácil), pero non todo vai ser unha aventura feliz. A ver se mañá saio un pouco e fago algunha excursión, parece que vai chover menos e a temperatura está en torno aos 6º. A verdade é que necesito un pouco de vida social, aínda que comprendo que no mes de xaneiro esteamos así.
As clases empezaron de novo e ás veces frústrome porque hai nenos moi traballadores e outros que veñen obrigados e "pasan" literalmente de ti e de aprender español, especialmente os grandes. Supoño que a adolescencia tamén inflúe, pero a paradoxa é que canto máis grandes e canto máis avanzados están, máis hai que esixirlles e algúns rebélanse. Cos pequeniños penso que a cousa vai mellor, pero mira que sempre fun de grandes e agora noto que xa comprendo menos determinadas cousas da adolescencia. E mira que en tres anos empezarei a vivila de novo con Martín, a ver como nos colle.
E a ti Paz e a todos dígovos que se non escribo é porque a vida é rutinaria total. Polo de pronto aprendede algo sobre este país: dende que aterras en Schiphol hai que pagar por TODO. Cheguei á casa e tiña unha carta do concello para pagar un imposto municipal, o de sumidoiros e recollida de lixo por un mes (decembro de 2010), nada menos que 30 euros, o que sumará 360 ao ano, outro gasto máis. Eso si, a auga bébese sen problemas do grifo e no tema de chuvias e sumidoiros, vendo o que aconteceu estes días en Galicia e sendo Holanda o país da auga por excelencia, aquí non pasan esas cousas, ben certo é que todo é chan pero os holandeses souberon controlar a forza da auga.
Volverei, seguide aí, pero agardo tamén estrenar a miña cámara de fotos con paisaxes novas. Hoxe vouvos decorar a entrada coa manualidade dos Reis Magos que fixemos mércores e xoves nas aulas, a que teño no facebook. É o rei Baltasar feito de cartolina pero moi sinxelo e moi decorativo, de feito colgueino na casa e o que adiviñe onde... ¡¡¡premio!!!
Apertas, e para todos boa volta ao cole (jejeje).
Verás a miña fidelidade, nin unha hora en contestar isto si que é rapidez. A verdade é que é normal que algún día teñas baixón, se estiveses aquí tamén che pasaría, seguro a min vaime dar mañá cando esperte e vexa que pola tarde teño que marchar outra vez, a casa fría o cole frío...en fin o que ti xa pasache.
ResponderEliminarTamén é normal que te sintas frustrado as veces cos alumn@s, aquí tamén nos pasa e tamén che pasaría, xa sabes o que penso da adolescencia hai que vivila, pasala e sufrila para eles tampouco é sinxelo con esa revolución que teñen no corpo e na cabeza, hai que procurar entendelos...miña nai vaia chapa acabo de largar.
Bueno espero que a túa rutinaria vida, que tamén terías aquí, che sexa o máis levadeira posible e como che poñía no Facebook ARRIBA O GONZÁLEZ, ánimo coas notas saberás ser xusto.
Bicos jrandes.