miércoles, 10 de noviembre de 2010

VAIA CO TEMPORAL EN GALICIA

Isto é como o sorteo da Lotaría de Nadal. Cada ano as ONDAS ATLÁNTICAS rompen co Paseo Marítimo da Coruña. E agora que estou aquí pregúntome: como fixeron neste país que está baixo o nivel do mar? Haberá que dicirlles aos nosos políticos que se dean unha volta por aquí. Contáronme, porque aínda non o vin, que as obras hidráulicas do delta do Rin e as dos diques do Norte hai que ir velas. Xa vos contei que o aeroporto de Schiphol está baixo o nivel do mar e que en Amsterdam hai metro por debaixo dos canais, aínda están facendo unha liña nova que descorre toda polo centro da cidade e paréceme que a empresa que as realiza fai visitas guiadas para os cidadáns, para que coñezan como se loita contra a auga.

O caso é que aquí non se notou temporal. Baixaron as temperaturas, pero aínda teñen que baixar máis. E un dato curioso: eu noto máis frío ás 12 do mediodía que ás 9 da noite, non sei por qué. Agardo que siga sendo así porque o que me di todo o mundo é que me prepare, que o frío non chegou. Un pai duns nenos xa me invitou ir patinar sobre o xeo cando se poida... ¿imaxinádesme patinando e dando viravoltas como os que saen na tele? Vai ser que non.

En fin, impresiona o das ondas en Riazor, en Xixón, en Donostia, o que me estrana é que non suspenderan as clases. Tocarávos un día de sol cun pequeno temporal e logo todos a protestar. Eu recordo hai 8 anos que nestas datas tivemos a desgracia do "Prestige", así que crucemos os dedos e que todo sexa cambiar as barandas do Paseo Marítimo un ano máis. Comezou o inverno.

Bicos a todos


(Foto sacada de www.adn.es)

2 comentarios:

  1. A verdade é que o paseo de coruña ten que ten algún defecto,porque cae tódolos anos.Pero con defectos ou sin eles é precioso.Pasear por el nunha noite clara do verán ten a sua maxia,e de paso temos a torre de Hércules,que vista de noite é unha maravilla.Bueno seguiremos lendo o teu blog
    e de paso comentarche que Lucía volve a ter problemas co seu aparato que esperamos se solucionen pronto.Un saudo e recordos de todos

    ResponderEliminar
  2. Eu teño a miña Torre de Hércules particular aquí na casa, unha figura de Saragadelos que me regalaron cando casei, a verdade é que pouco antes de sair para aquí tiven que ir ver a Torre iluminada de noite e cando chegas no avión e vas aterrar en Alvedro e ves o faro alumeando, emociónaste.

    Agardo que Lucía mellore, ten forzas e seguro que sairá adiante de novo. Un bico da miña parte. E novamente grazas por lerme. Saúdos ás nenas

    ResponderEliminar