Non. Non pensedes que me entrou morriña e volvín inesperadamente a Galicia. Pero comín castañas, do Bierzo e estaban boísimas. O Centro Español Ijmond Noord de Beverwijk convidou a castañas a todos onte, domingo pola tarde. Alí nos xuntamos unha boa parte da colonia española non só de Beverwijk senón tamén de Amsterdam e doutros lugares de Holanda.
Xa o sábado se organizou no Centro Galego de Amsterdam, mais cando eu cheguei aínda non comezara e volvín para a casa. Pero onte estiven en boa compaña con José Manuel e Raquel (os pais dunha nena á que lle dou clase) e Lorena e o seu home (non recordo agora o nome) entre castañas, café... e aló polas seis fomos cear (xa sabedes que aquí son horarios europeos) a un restaurante-barco que está do outro lado das vías do tren e que bueno, podería estar mellor. Ceamos "panecookers", unha especie de filloas ás que lles botan ingredientes variados. A verdade é que comín bastante e estaba a rebentar cando cheguei á casa.
A verdade é que o que máis agradecín foi o grao de amizade e compañeirismo cos dous matrimonios dos que vos falo. Somos todos da mesma idade, coa familia tamén en idades similares e con intereses moi parecidos. De feito, Lorena tamén é mestra pero xa leva aquí moitos anos e me ofreceu visitar a súa escola para comparar os sistemas educativos de Galicia e de Holanda. Foi unha tarde para recordar sempre e de seguro que nos xuntaremos máis veces.
No centro xa me empezan a coñecer e recibín saúdos dalgúns pais e avós dos nenos aos que lles dou clase, moitos galegos: Camariñas, Bastavales, Bertamiráns, Baio, Ourense... teñen aquí a súa "embaixada" particular. ¡¡A ver se despois de dar español empezamos a dar clases de galego!! Como vedes, o día foi completo.
Un bico a todos... ¡¡con 41!! ;=)
¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡FELIZ CUMPLEANOS!!!!!!!!!!
ResponderEliminarDesexoche que pases un cumpleanos feliz, aínda que esteas lonxe da familia, pero xa vemos que tes outras familias de acollida, que parece que te tratan bastante ben. Claro que ti tamén te sabes facer querer.
Paz, gústame moito o teu sentido do humor ;).
Un bico grande.Paula.
Grazas Paula. Unha cousa: non recordo o nome do teu blog dos cans e intentei atopalo pero non o encontro. Tampouco apareces no facebook!! Mándame un correo e xa me dis, se non queres poñelo aquí.
ResponderEliminarBicos
Ben eu pensaba felicitarte hoxe pero igualmente ¡FELIZ CUMPLEANOS!,ainda que sexa atrasado.Xa vexo que pouco a pouco vas facendo novas amizades e que xa estás máis integrado.Peronon podía ser doutra maneira xa que é imposible non collerche cariño.A verdade é que aquí no Nadal montan moita parafernaria como día tí,pero o de levar un obispo
ResponderEliminarde España e ir todos pintados de negro é un pouco
raro,pero claro cada país ten o seu costume.
Bueno un bico moi forte e de novo FELIZ CUMPLE.
Un día despois... Feliz Cumple!!
ResponderEliminarBiquiños
Mercedes
Ben, todo moi bonito pero as castañas tiñan que ser de Lugo, xa sabes.
ResponderEliminarVexo que te integras pero coma todos os galegos facendo amigos do país pero ti tranquilo que MALOSERÁ que non acabes facendo migas con algún holandés (aínda que sexa unha vaca,ho).
Ben coidate e vai de cea máis a miúdo que te nos vas quedar nos "juesiños".
Bicos