Isto é só un aviso. Aos que poñedes algún comentario contéstovos NO MESMO POST, así que se vedes que hai máis comentarios dende que fixestes o voso é que probablemente contestei. Ás asiduas Mercedes, Paz, Alba, Ángeles... consultade eses comentarios que aí teredes as respostas aos vosos inquerimentos. Por certo, vedes tamén que non esquezo o galego pero TEÑO QUE APRENDER NEERLANDÉS!!!
"Tot ziens" (investigade...)
Pareceme ben que non esquezas o galego é máis promocionao e defendeo que para atacalo xa están os de aqui, vexo que a vida Holandesa te vai enchendo cada día máis, iso está ben, espero que a ilusión dos primeiros días non se acabe nunca iso quererá dicir que estás a gusto.
ResponderEliminarBueno, pois por aquí xa ves coma sempre, non temos novas que contarche, no cole este ano máis traballo ca nunca e iso que dixen que ía tomarme as cousas con máis calma, en fin! non se pode prometer nada.
A verdade é que si resulta caro o da vivenda pero estamos mal afeitos aqui en galicia que en Madrid e Barcelona por menos de 900 euracos non alugas nada e moito menos con 100 metros cadrados.
Bueno, continua escribindo que xa ves que tes fans que te len.
Bicos jrandes.
Paz