domingo, 13 de marzo de 2011

GALICISCHE INKTVIS

Despois da tristura de onte, un post pequeniño que ben podería publicar "La Voz de Galicia" ou sair nun programa tipo "Galegos polo mundo". Aquí se publican tres periódicos gratuitos os días laborables: "Metro" (como o de España), "Spits" (máis sensacionalista) e "De Pers" (o que máis me gusta a min). Polo medio sempre hai publicidade de todo tipo. Nas miñas viaxes en tren os collo e os "leo" (é un dicir) porque ás veces entéraste de cousas e aproveitas algunha das ofertas.

Curiosamente existe un supermercado que tamén temos aí, Lidl. O caso é que a semana pasada entre as ofertas apareceu a da foto. É a primeira vez que vexo o noso xentilicio en neerlandés, aínda que eu xa sabía que se dicía así polo curso que fixen. Non coñezo a casa que distribúe este GALICISCHE INKTVIS, pero o caso é que teña saída neste mercado tan peculiar, sobre todo nas comidas.

Entre o noso polbo á feira (140 g, 2'49 euros, que aprendan no San Froilán) e aquel letreiro de Empanadas Pedro que atopei en Leiden parece que nos van situando no mapa. Pero aínda hai máis. Se mañá teño tempo poñereivos outra foto na que hai unha referencia a Santiago de Compostela que saquei onte nesa localidade de nome impronunciable, 's-Hertogenbosch.

Bicos a tod@s e boa semana


3 comentarios:

  1. Alfonsiño, exportamos empanadas, pulpo y nuestros mejores profesores.....Que más se puede pedír? Galicia Calidade.
    Te leo siempre y no escribo nunca.Espero no invertir el orden!
    Bicos.
    Sonia

    ResponderEliminar
  2. Alfonso rapas sejuro que venden queixos, xa sabes na túa próxima visita a proba jajaja.
    Hoxe non teño ganas de escribir máis así que bicos jrandes dende a Nada e a disfrutar na embaixada sen Isabel pero espero que con bombóns.

    ResponderEliminar
  3. Gracias, Sonia, por lo de "nuestros mejores profesores". Desde luego que GALICIA CALIDADE. Paz, algo tiene que haber en NADA, y si no prepara el examen para el exterior y marcha a Londres, Amsterdam, Suiza, Bruselas... o AUSTRALIA!!!!

    Hoy comencé el nivel A2 de holandés y mis compañeros hablan ya bastante el "dutch", creo que lo llevo un poco crudo porque mi ambiente es Spaanse, así que a ver, a ver.

    Apertas

    ResponderEliminar